CRTVG

Buscar

Desconcerto en Pontevedra, a máis restritiva das 7 grandes cidades de Galicia

Publicado o 03/12/2020 14:11

Na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés hai rexistrados 1.106 casos activos de coronavirus. Só na cidade hai 237 persoas infectadas. Malia que nos últimos 3 días parece que se freou o ritmo de contaxios, a cidade do Lérez é, das 7 grandes de Galicia, onde os datos se comportan peor. Polo tanto, as medidas que entran en vigor esta medianoite serán máis restritivas.

Os negocios de hostalería só poderán abrir ata as 5 da tarde, atender na terraza ao 50 por cento e grupos máximos de 4 persoas. Unhas medidas que non satisfan ao sector.

Un hostaleiro quéixase da criminalización do sector durante a pandemia, e do agravio comparativo respecto doutros negocios que tamén teñen contacto co publico.

Os pontevedreses acatan as medidas con resignación, ainda que son moitos os que comparten os argumentos dos hostaleiros. Cren que os datos os refrendan. Levan un mes pechados e as cifras non melloraron, o que indica que a hostalería non é o problema

Na comarca haberá diferentes niveis de restricións. Os cidadáns cren que isto xera confusión e da lugar á picaresca. Explica un cidadán que a xente se move buscando os lugares onde están abertos os bares.

Para amosar o seu desacordo coa desescalada aprobada pola Xunta os hostaleiros protagonizaron hoxe unha caravana de protesta que discorreu por Pontevedra, Poio e Marín.

Noticias web

03/12/2020