CRTVG

Buscar

Descobren unha facenda romana en Castro de Rei

Publicado o 17/07/2020 21:43

En Coea, unha parroquia de Castro de Rei, están espectantes todos os veciños. Por casualidade, cando ían colocar unha torre da luz, atoparon o que parecen que son restos arqueolóxicos.

Foi no medio desta leira o ano pasado cando as máquinas de poñer os postes prendían en algo na terra.
Chamaron aos especialistas e hai tres semanas os arqueólogos comezaron unhas escavacións que están dando resultados moi interesantes.

Luís ten unha explotación gandeira e hai catro anos mercou esta leira para forraxe, herba e millo.

Hai tres semanas os especialistas empezaron a escavar, deixando á luz unha facenda romana con importantes restos coma tellas ou a base dunha cheminea.

Non é a primeira vez que se atopa algo na zona. Outro veciño, Luis, lévanos á súa casa e cóntanos que a columna desta mesa procede tamén das proximidades da escavación.

O ferro recoñécese nas pedras a carón da escavación. A familia de Mercedes procede desta zona. Ela é guía turística e defende unha teoría que comparten máis veciños.

Os arqueólos aínda teñen para varias xornadas traballando.

Noticias web

17/07/2020

Máis sobre Castro de Rei