CRTVG

Buscar

Descenden os contaxios nas residencias con novos casos en Pontevedra e Redondela

Publicado o 05/12/2020 15:10
Descenden os contaxios nas residencias con novos casos en Pontevedra e Redondela

A Consellería de Sanidade notificou ademais outros catro falecementos na residencia de Vilalba que se produciron na segunda quincena do mes de novembro pero que se incorporaron onte ao reconto oficial por mor dunha incidencia informática.

As vítimas foron tres mulleres e un home. A cifra de maiores infectados descendeu hoxe ao recibiren a alta máis de trinta residentes en diferentes centros. Aínda así rexistráronse trece novos positivos na residencia Soremay de Pontevedra e dez no xeriátrico Cesantes-Redondela. Volve aumentar o número de traballadores infectados ata os 188.

Noticias web

05/12/2020