CRTVG

Buscar

O Celta traballa na saída de futbolistas

Publicado o 17/07/2019 21:06

O Celta rastrexa o mercado, pero tamén traballa na saída de xogadores cos que non conta Fran Escribá.

E aí aparece a figura de Emre Mor. O Celta traballa na saída do futbolista turco. O Galatasaray mostrou interese, pero aínda non se alcanzou un acordo.

Con Beauvue acontece o mesmo, aínda que o dianteiro francés prefire ser traspasado antes ca unha nova cesión.

E a Rocanglia quédalle un ano de contrato. O ano pasado marchou cedido ao Valencia. O Celta búscalle unha saída ao central arxentino igual que ao eslovaco Robert Mazan.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/07/2019