O Goberno descarta a 'renda mínima ponte' de Iglesias e insiste en que traballa nunha definitiva
Na súa última conferencia de prensa, Sánchez confirmaba que o Goberno quere aprobar unha renda mínima vital "e poñela en marcha canto antes"
Pero os socios da coalición, Podemos, queren acelerar ese "canto antes". A semana pasada, o vicepresidente Iglesias mesmo chegou a anunciar unha versión urxente desa renda.
Pablo Iglesias, vicepresidente de Asuntos Sociais: "É necesario facer un ingreso mínimo vital ponte para xa, para o ante posible".
Pero o Ministerio de Seguridade Social insiste en que xa está traballando nunha versión definitiva deste subsidio e descarta unha provisional.
José Luis Escrivá, ministro de Seguridade Social: "Farémolo de xeito permanente porque o traballo prepatorio que estamos facendo serve para algo ponte ou para algo definitivo. É un debate estéril. Estamos acelerando ao máximo os prazos para poder ter esa renda mínima porque niso estamos de acordo todos".
Escrivá anunciou que será compatible con outras axudas e agardan que chegue a un millón de fogares.