CRTVG

Buscar

Descarrila un tren que cubría o traxecto entre Madrid e Zafra preto dunha estación toledana

Publicado o 15/01/2019 08:39

Novo incidente na liña ferroviaria estremeña. Un tren que cobre o traxecto Madrid-Zafra descarrilou a 500 metros da estación de Torrijos, en Toledo. Non houbo feridos. No convoi viaxaban o maquinista, un interventor e 33 pasaxeiros, que fixeron un transbordo para continuar a viaxe con case tres horas de demora.

Noticias web

15/01/2019