CRTVG

Buscar

Desartellado un punto de cultivo de marihuana en Becerreá

Publicado o 19/05/2020 14:02

A Garda Civil desartellou un punto de cultivo de droga na comarca dos Ancares. Nunha vivenda de Becerreá, os axentes comisaron 27 plantas de marihuana.

Ademais do cánnabis, cun peso dun quilo e medio, no domicilio dispúñase de todo o necesario para a súa distribución en pequenas cantidades. Ademais dunha báscula e de bolsas herméticas individuais, nos invernadoiros interiores había lámpadas de alta potencia, ventiladores e aparellos para controlar o PH da auga.

Como resultado da operación, un mozo de 24 anos foi detido como suposto autor dun delito de cultivo de drogas tóxicas.

Noticias web

19/05/2020