CRTVG

Buscar

Caen dúas organizacións criminais no maior golpe contra a fraude no IVE de hidrocarburos

Publicado o 04/04/2019 17:01

A Garda Civil e a Axencia Tributaria desartellaron dous grupos criminais que defraudaron máis de 150 millóns de euros no sector dos hidrocarburos. Durante a operación producíronse 21 detencións e bloqueáronse 300 contas bancarias.

A chamada operación Drake supón o maior golpe á fraude do IVE nos hidrocarburos. En total houbo 21 detidos e a policía dá por desartelladas dúas organizacións criminais que se dedicaban á falta de pagamento do IVE na compravenda ao por maior de combustible.

Tenente coronel Antonio Balas, xefe do Grupo de Delincuencia Económica da UCO: "Con iso qué conseguen? Pois conseguen unha marxe para poder baixar os prezos que ningún outro competidor pode acadar".

Facíano mediante empresas instrumentais e homes de palla. Segundo a Garda Civil, trátase das dúas empresas máis potentes que subministraban a gasolineiras no ámbito nacional. Coa súa actividade desfalcaron das arcas públicas 150 millóns de euros.

No operativo, realizado en Castellón, Valencia, Lleida, Xirona e Madrid incautáronse de dous barcos, 61 coches de alta gama e 2 millóns de litros de combustible.

 

Noticias web

04/04/2019