CRTVG

Buscar

Desaloxan un edificio en Vigo por mor dun incendio no garaxe do inmoble

Publicado o 23/05/2020 15:38

A veciñanza dun edificio do barrio vigués de Teis pasou esta madrugada varias horas á intemperie a causa dun incendio no garaxe. Arderon seis coches e o fume afectou varias vivendas. Por fortuna non hai que lamentar danos persoais. Houbo que desaloxar 84 vivendas.

Os primeiros indicios apuntan a que o incendio produciuse nun turismo no primeiro andar do garaxe e espallouse ao resto. Seis vehículos quedaron calcinados e outros oito con danos. O lume inutilizou as tubaxes de auga e de electricidade. Unha trintena de residentes esperaron na rúa a coñecer posibles opcións de aloxamento alternativas, limitadas polo estado de alarma.