CRTVG

Buscar

Desaloxadas oito vivendas en Cambre por mor dun incendio nun faiado

Publicado o 24/09/2020 19:56
Desaloxadas oito vivendas en Cambre por mor dun incendio nun faiado

Oito vivendas tiveron que ser desaloxadas este xoves en Cambre (A Coruña) por mor dun incendio iniciado no faiado dun edificio da praza de Miguel Ángel Blanco. Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o incendio orixinouse sobre as 17.30 horas por mor dos traballos de soldadura que o propietario realizaba no faiado do edificio, que ardeu por completo e provocou que o fume se propagara por todas as vivendas do inmoble. 

Os bombeiros tiveron que desaloxar os veciños do oito vivendas, dos cales catro eran menores. Había, ademais, dous adultos e dúas persoas con mobilidade reducida.

No operativo, ademais dos Bombeiros, participaron efectivos de Garda Civil, Policía Local e Protección Civil. Tamén se informou o 061 por se nalgún momento fose necesaria a súa intervención.