CRTVG

Buscar

O Deportivo está disposto a levar ao TAD a denuncia por aliñación indebida

Publicado o 15/07/2020 18:57


O Deportivo está disposto a levar ao Tribunal de Arbitraxe Deportiva (TAD) a denuncia por aliñación indebida o Estremadura no encontro do pasado domingo, no que os de Almendralexo, que gañaron (2-3), tiveron durante uns segundos menos xogadores do primeiro cadro dos que fixa a norma.

O presidente do Deportivo, Fernando Vidal, sinalou que, se o Comité de Apelación non lles dá a razón despois de que o de Competición arquivara o caso, o Deportivo acudirá ao TAD.

"Temos argumentos que poden ser valorados polo Tribunal de Arbitraxe Deportiva, que en casos parecidos deu a razón ao demandante", sostivo o dirixente nunha comparecencia telemática.

Vidal defendeu a reclamación do Deportivo porque "pode ter validez" e non presentala "sería irresponsable e neglixente" por parte do club xa que "todos" teñen que cumprir as normas e a entidade branquiazul está "convencido de que hai aliñación indebida".

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Noticias web

15/07/2020