CRTVG

Buscar

Deportivo-Coruxo, o domingo ás 12:00, na G2

Publicado o 05/11/2020 21:23

O Deportivo recibe este domingo o Coruxo con só tres defensas dispoñibles. As lesións de Bóveda, Derik, Salva Ruiz e as molestias de Granero poden provocar que, de novo, Bergantiños exerza de central xunto a Mujaid. Pola súa banda o Coruxo tratará de sacar un resultado positivo que o afaste da última posición. Vai ser un partido especial para o cancerbeiro Alberto, que deixou o Dépor hai xa 11 anos. O porteiro ve crucial frear as individualidades de xogadores como Keko Gontán.

 

Noticias web

05/11/2020