CRTVG

Buscar

Deporte para compensar os excesos do Nadal

Publicado o 01/01/2019 19:44

Comezar o ano con enerxía. Saír a mover as pernas e bombear o corazón. A pé, correndo ou en bici, calquera opción é boa. Aínda que neste primeiro día do ano a motivación é máis un remordemento. A maioría queren desfacerse desas calorías de máis que inxerimos durante o Nadal.

"Si, si... un día coma o de onte e os anteriores sempe se excede un pouquiño, así que vén ben un pouco de camiñada e exercicio". "Baixar todas as calorías que metemos de máis estes días" "Para queimar as calorías que comemos onte... A ruta do colesterol".

Practicar máis deporte acostuma encabezar a nosa lista de bos propósitos, aínda que xa se sabe que do dito ao feito....

"Non, eu creo que ademais do deporte é importante o que comes, facer deporte está ben, pero tamén ter unha boa dieta e saber o que podes e o que non podes comer". "Parece como que o día 1 tes ganas de cumprir obxectivos, facer cousas máis sas, saír máis a camiñar, comer mellor e menos".

Os excesos do Nadal sempre pasan factura. Tras estas festas sumamos entre dous e catro quilos máis.

Noticias web

01/01/2019