CRTVG

Buscar

Os sanitarios de Ifema denuncian as malas condicións en que traballan

Publicado o 31/03/2020 08:22

Ánimos partillados entre o persoal que traballa no enorme hospital de campaña habilitado en Ifema .

Entre o eco dos aplausos os profesionais sanitarios e os sindicatos denunciaron as condicións de traballo na instalación. Queixas polo amontoamento de enfermos, problemas loxísticos e falta de equipos de protección entre outros.

A Comunidade de Madrid recoñeceu os problemas en Ifema, pero limítaos ao sucedido puntualmente no pavillón 5 na quenda de tarde do pasado domingo. Onte completouse o traslado dos enfermos que foran ingresados nese pavillón.

Ifema, a onde non deixan de chegar enfermos dende as urxencias da capital nunha media de 200 diarios, acumula en oito días de funcionamento 1.250 ingresos e 485 altas. Alí seguían hospitalizados esta noite 800 pacientes.
 

Noticias web

31/03/2020