CRTVG

Buscar

Denuncian un veciño da Barbanza por maltrato animal

Publicado o 09/12/2019 08:14

Novo caso de maltrato animal. Nesta ocasión a protectora Callejeros Barbanza presentou unha denuncia contra un veciño do lugar de Olveira por maltratar unha cadela ata causarlle a morte. Este é o vídeo que lle chegou por mensaxe telefónica á asociación. Vese o animal atado cunha cadea, desnutrido e incapaz de incorporarse. Os axentes da Policía Nacional que se presentaron no lugar atoparon a cadela xa morta dentro dunha bolsa de plástico.

Noticias web

09/12/2019