CRTVG

Buscar

Denuncian unha muller en Vigo por ameazas e agresións en plena rúa

Publicado o 10/02/2020 14:46

Son dúas das vítimas desta muller e, por seguridade, prefiren salvagardar a súa identidade. Nos dous casos recibiron unha brutal malleira en plena rúa, que lles ocasionou importantes danos físicos.

Ambas denunciaron estes feitos no xulgado. Unha delas está agardando pola condena e a outra está pendente dun segundo xuízo. No primeiro conseguiu unha orde de afastamento desta muller, que incumpriu en varias ocasións. Elas non son as únicas. Veciños desta zona, comerciantes e mesmo hostaleiros téñenlle prohibida a entrada aos seus establecementos por graves altercados e agresións.

Aseguran que teñen medo. De feito, tiveron que mudar a súa rutina para evitar máis altercados. Consideran que esta muller é un perigo público e piden unha solución urxente.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/02/2020