CRTVG

Buscar

Denuncian un condutor co carné retirado ata 2050 que adormeceu mentres conducía bébedo

Publicado o 24/01/2020 14:11

Un veciño de Lugo, ao que lle retiraran o carné ata o 2050 por conducir varias veces bébedo, foi denunciado de novo tras adormecer ao volante. O incidente tivo lugar na parroquia de Perillo, en Oleiros.

Unha veciña do lugar, ao decatarse de que había un vehículo parado nun carril da AC-12, antiga N-VI, alertou a Policía Local. Unha vez alí, a patrulla comprobou cun test de alcolemia que o home adormecera mentres conducía baixo os efectos do alcol, polo que os axentes formularon a denuncia administrativa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/01/2020

Máis sobre Oleiros