CRTVG

Buscar

Denuncian que a ponte da Saldoiriña segue esgazada tras o temporal

Publicado o 08/01/2020 15:56

A falta de limpeza no río Eo é, segundo os veciños, a causa da desfeita na ponte da Saldoiriña. Parte da estrutura e o asfalto das beiras foron arrincados pola madeira que arrastrou a enchente durante os temporais. Nalgunhas casas levan tres semanas sen teléfono pola rotura dos cables e os veciños teñen que dar un rodeo de tres quilómetros para poder acceder á estrada Lugo-Ribadeo.

"Agora non limpan o río e os ameneiros caen enteiros e todo para nesa ponte".

"Isto pasa porque se fai presa no medio e a auga sae polas beiras. Fai camiño".

Agora témese que esta situación afecte as troitas e salmóns, que atraían aquí numerosos pescadores. A limpeza do río é competencia da Confederación Hidrográfica do Cantábrico.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/01/2020