CRTVG

Buscar

Denuncian problemas de salubridade por mor dos gatos nunha escola infantil de Bertamiráns

Publicado o 04/11/2019 14:50

A carón da escola infantil de Bertamiráns viven decenas de gatos, integrantes dunha colonia felina controlada polo Concello e coidada por unha asociación animalista. A proximidade dos animais está a causar problemas na escola, segundo denuncian os pais, os gatos entran no recinto do centro e causan moitos problemas de salubridade.

Os animais tamén xeran problemas aos empregados do centro, que teñen que recoller os excrementos no patio. E no mes de xuño unha traballadora desmaiouse na cociña polas altas temperaturas que se acadaron ao haber un gato atascando o conduto de ventilación. Por todo isto piden que se traslade a colonia felina a outra localización. Dende o Concello están a buscar solucións para evitar a entrada dos gatos no recinto escolar.

Os pais tamén piden que se limite dalgún xeito a velocidade na zona e que se coloquen sinais indicando a zona escolar para controlar o tráfico e mellorar a seguridade para nenos e pais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/11/2019