CRTVG

Buscar

Denuncian os problemas que ocasiona unha canceira particular de Vilalba

Publicado o 07/01/2020 20:51

Uns cans e a canceira que habitan son o centro dun conflito veciñal na parroquia de Lanzós, en Vilalba. Os veciños denuncian que estas instalacións non cumpren a normativa e que chegaron a xuntarse aquí máis dunha vintena de cans. Quéixanse de que os ladridos non os deixan descansar e hai presuntamente problemas tamén de malos cheiros e verteduras.

Javier denuncia tamén un problema coa canalización de augas fecais que, segundo di, acabou contaminando a auga do seu pozo.

Farto desta situación, denunciou o caso ante o Seprona pero quéixase da paralización que sofre o tema cando chega á mesa do concello de Vilalba. Agora denunciou tamén ante a Policía Autonómica e nos xulgados tentando buscar unha solución.

Noticias web

07/01/2020

Máis sobre Vilalba