CRTVG

Buscar

Unha parella prestáralle a casa a unha amiga que agora nin lla devolve nin paga o alugueiro

Publicado o 11/09/2020 14:43

Un xesto xeneroso converteuse nun pesadelo para Miguel e Nuria, que prestaron a súa vivenda herdada na parroquia viguesa de Candeán á amiga que pasaba un mal momento económico; e agora, tras a pandemia, eles están no paro e precísana, e non llela quere devolver.

Ofrecéronlle usala a cambio dun alugueiro de 300 euros, pero Angélica, unha muller de Venezuela á que agora lle van as cousas mellor, non a quere pagar nin devolver.

Púxolle unha alarma e denunciou a Miguel na Policía, estiveron a piques de detelo e terá que ir a xuízo en outubro.

A okupa non ten permiso de residencia en España, e agora comparte a vivenda con outra persoa e teñen maior poder adquisitivo que Miguel e Nuria, que ademais de estar no paro teñen unha nena de nove anos.

Noticias web

11/09/2020