CRTVG

Buscar

Denis Suárez perde o que resta de temporada por lesión

Publicado o 01/07/2020 18:56
Denis Suárez perde o que resta de temporada por lesión

 Denis Suárez non volverá xogar no que queda de temporada. O de Salceda de Caselas mancouse onte
nun lance do partido ante o Mallorca e hoxe os servizos médicos do club confirman que sofre unha rotura muscular na coxa esquerda que o manterá seis semanas afastado dos terreos de xogo. Denis quixo animar os seus compañeiros con este chío: "Quedan cinco finais e imos competilas. Vamos, Celta". A lesión de Denis é a peor noticia despois da derrota de onte dos celestes con erros arbitrais impropios dunha liga que se gaba de ser a mellor do mundo.

Noticias web

01/07/2020