CRTVG

Buscar

Denegan o indulto ao home que matou o holandés de Petín

Publicado o 17/12/2019 13:03

Denéganlle o indulto ao home que matou o holandés de Petín. O Goberno acaba de rexeitar a petición de que sexa perdoado, tal e como pedira o xurado. Juan Carlos Rodríguez foi declarado culpable de homicidio en xuño de 2018.

Matou o seu veciño de Santoalla Martin Verfonden dun disparo e agochou o cadáver calcinado no coche nun bosque da Veiga. Leva cinco anos en prisión e sae de permiso algunhas fins de semana, ao gozar de beneficios penitenciarios por superar a metade da pena.

Noticias web

17/12/2019