CRTVG

Buscar

Deixar sen efecto a ORA ou aprazar algúns impostos, medidas dos concellos durante o estado de alarma

Publicado o 20/03/2020 21:09

O Concello da Coruña xa anunciou que durante o período de confinamento vai deixar sen efecto o servizo da ORA. É unha da medidas implementadas para aliviar as cargas das familias e das empresas durante o estado de alarma. Tamén están analizando a posta en marcha de medidas económicas e fiscais.

No Concello de Santiago apostan por medidas económicas para o comercio de proximidade. Xa anunciaron a posta en marcha dunha plataforma de comercio en liña aberta a todos os comerciantes.

No Concello de Ourense ampliaron os prazos para pagar o IBI e o imposto de circulación. Tamén están a estudar a posibilidade de axustar as taxas das terrazas como fixeron en Ferrol, onde xa anunciaron que lles descontarán aos propietarios dos locais o tempo que estas permanezan pechadas.

En Pontevedra pospoñen o cobro dos impostos de circulación e as taxas de mercados e están estudando aplicar bonificacións a comercios e locais de hostelería nos recibos da auga e do lixo.

No Concello de Lugo implementaron unha liña de axudas dotada con 5 millóns de euros para pemes, autónomos e familias. E nas comarcas de Arousa, Deza-Tabeirós e A Barbanza a maioría dos concellos suspenderon o cobramento dos tributos municipais aos negocios pechados durante o período de alarma; unha medida que tamén aplicará o Concello de Carballo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/03/2020