CRTVG

Buscar

Declaran oficialmente morta a María José Arcos

Publicado o 09/01/2020 10:35

Tiveron que pasar 23 anos para que a xustiza declarara falecida a María José Arcos, desaparecida o 15 de agosto de 1996, deixando como único rastro o seu coche aparcado no faro de Corrubedo. A familia viuse obrigada a solicitar este trámite para poder resolver a herdanza tras a morte de súa nai.

Un documento que fixa a data do falecemento en 2007, 11 anos despois da desaparición.

A declaración de falecida non afecta a investigación. Na actualidade o caso está en punto morto, despois de que o único imputado quedara en liberdade por falta de probas ao non atopar nada no rexistro das súas propiedades. Tampouco afecta o convencemento da familia de que María José foi asasinada e aseguran que seguirán loitando por que se faga xustiza.

Aseguran que recoñecer a María José como falecida foi un paso duro, se ben non perden a esperanza de que os avances tecnolóxicos lles permitan coñecer algún día que pasou aquel 15 de agosto.

 

Noticias web

09/01/2020