CRTVG

Buscar

Declaran como testemuñas os pais de Julen

Publicado o 25/02/2019 17:23

Os pais de Julen declararon como testemuñas diante da xuíza que investiga a morte do seu fillo. A parella do propietario da leira onde está o pozo ao que caeu o pequeno tamén foi citada como testemuña. José e Victoria, os pais de Julen, accederon aos xulgados de Málaga sen facer declaracións aos numerosos medios que os agardaban no exterior da sede xudicial. Estaban citados en calidade de testemuñas pola titular do xulgado de instrución número 9, que investiga a morte do seu fillo ao caer nun pozo da localidade malagueña de Totalán.

Antonio Barba, avogada dos pais de Julen: "Inicialmente estamos personados como acusación particular, considerámonos prexudicados por estes feitos. Conforme se vaia adiantando a investigación veremos se formulamos acusación ou non formulamos acusación".

A parella do dono da leira, que está a ser investigado por un delito de homicidio imprudente, tamén estaba citada como testemuña para declarar sobre o ocorrido o 13 de xaneiro. Ata mediados de marzo irán pasando polo xulgado malagueño para declarar como testemuñas o poceiro que fixo o burato ao que caeu Julen, os tres sendeiristas que foron os primeiros en auxiliar os pais, varios gardas civís e o enxeñeiro que dirixiu o rescate.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/02/2019