CRTVG

Buscar

Activo un incendio forestal en Santiago e outro en Quiroga

Publicado o 10/07/2020 20:25

• Hoxe tamén se rexistraron outros dous incendios en Chantada e A Coruña

Dous incendios forestais declarados esta tarde nos municipios de Santiago de Compostela e Quiroga (Lugo) queiman unhas cinco hectáreas en cada un dos casos. Segundo informa Medio Rural, o lume en Santiago, na parroquia de San Paio, nas inmediacións do hospital Clínico, segue activo, pero "evoluciona favorablemente".

A pesar da proximidade a vivendas, este departamento asegura que non hai risco para as casas ante o despregamento de medios realizados. En concreto, traballan catro helicópteros, catro motobombas, sete brigadas e un axente. Dous hidroavións colaboraron nas tarefas, pero xa se retiraron á base.

Pola súa banda, o lume en Quiroga, na parroquia de Vilar de Lor, segue sen estar controlado, pero a Xunta dáo por "estabilizado" desde as 19,41 horas. O lume comezou ás 17,16 horas e arrasa entre cinco e seis hectáreas.

Os medios no caso de Quiroga son dous avións, cinco helicópteros, catro motobombas, oito brigadas e dous axentes.

 

 

 

Máis sobre Santiago de Compostela