CRTVG

Buscar

Declara ante a xuíza o xefe do operativo de rescate de Julen

Publicado o 13/03/2019 15:51

O enxeñeiro Ángel García, xefe do operativo de rescate do pequeno Julen, foi o primeiro en chegar á sede da Audiencia Provincial de Málaga. Chegou só e non quixo comentar nada sobre o que ía testificar."Vou declarar e colaborar coa xustiza, non pode ser doutra maneira. Totalmente."

Nesta derradeira xornada de toma de declaracións ás testemuñas, a xuíza que investiga a morte do pequeno Julen interrogou tamén os gardas civís que foron os primeiros en chegar á leira de Totalán. Eles fixeron a primeira inspección ocular do lugar e o seu testemuño será clave para saber en que condicións estaba a boca do pozo que o dono da leira insiste que estaba tapado con bloques de formigón.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/03/2019