CRTVG

Buscar

Deciden confinarse cos maiores que coidan para non os contaxiar

Publicado o 07/04/2020 14:19

O amor e o agarimo cara ás persoas que coidan cada día fixo que as traballadoras da residencia O Lecer, en Vigo, deixaran as súas casas e familias para confinarse con eles e non contaxialos.

Os residentes non teñen tempo de aburrirse porque son moitas as actividades que realizan. O que non deixan de facer é lavar ben as mans con auga e xabón.

A directora ten a súa vivenda dentro do recinto e os traballadores habitan nunha casa cercana, cedida pola nai dunha delas.

As cousas dentro da residencia cambiaron. Cada obxecto que tocan os usuarios é desinfectado, os uniformes lávanse cada día a alta temperatura e todo o que entra na residencia queda en corentena tres días. Eles non poden facer ximnasia grupal ou saír de excursión. Confórmanse coas videochamadas e os paseos polo recinto. Pronto estas persoas volverán facer vida normal.

Noticias web

07/04/2020