CRTVG

Buscar

Deben facerse obrigatorias en espazos pechados as máscaras FFP2?

Publicado o 26/01/2021 16:27

Non é a maioritaria, pero cada vez máis xente a emprega en sitios pechados. E os expertos, como os farmacéuticos, consideran que a FFP2 é a máscara máis adecuada para espazos pechados sempre por suposto que se leve ben axustada, que non se humedeza e que se cambie cada 8 horas de uso.

De convertela en obrigatoria en determinados espazos, como sucede en Austria e Alemaña, habería que revisar o seu prezo, gravado cun 21 por cento de IVE. Nas farmacias estas máscaras están vendéndose agora entre 1 e 2 euros por unidade.

Noticias web

26/01/2021