CRTVG

Buscar

Debate sobre o uso da máscara nas competicións de deportes con contacto

Publicado o 20/09/2020 14:02

Para moitas disciplinas deportivas, a norma permite o regreso. Os clubs recuperan os adestramentos despois de meses de inactividade. Por iso, valoran como un paso cara adiante a esixencia da máscara.

As federacións galegas levan meses traballando en protocolos deseñados para protexer a saúde antes, durante e despois da práctica deportiva. A obrigatoriedade da máscara nas competicións posiblemente obrigará a modificar as regras do xogo, a reducir tempos, a rebaixar intensidades.

Terán que afrontar un proceso de adaptación, buscar, por exemplo, as máscaras que se axusten mellor ao confort dos deportistas. Os técnicos de deporte deberán tirar de creatividade para buscar solucións.

A competición con máscara esperta dúbidas e escepticismo. Hai debate e moito traballo por diante.

Noticias web

20/09/2020