CRTVG

Buscar

Debate entre Arrimadas e Igea nas primarias de Ciduadanos

Publicado o 05/03/2020 09:01

Inés Arrimadas e Francisco Igea confrontaron as súas posturas sobre como reflotar Ciudadanos. O debate entre os dous aspirantes á presidencia do partido estivo marcado pola xestión despois das eleccións de novembro e os pactos co Partido Popular.

Francisco Igea:  "Eu nunca rompería un acordo de goberno pola nosa propia vontade ou iniciativa,  pero tampouco deixaría nunca  que o feito de permanecer nun goberno puxera e risco os nosos valroes esenciais. E iso é unha liña vermella para nós. Se alguén trata de forzar nese campo, ten que saber que estamos dispostos a perder un goberno, pero non a dignidade".


Inés Arrimadas: "Sempre, cada vez que tomemos unha decisión, temos que pensar no interese xeral, porque Ciudadanos é un instrumento, non un fin. Eu vexo este partido como un corredor de maratón; superamos moitas probas pero tivemos un esvarón. Ímonos erguer, cambiar as zapatillas, coller forza e mirar ao futuro".

Noticias web

05/03/2020