CRTVG

Buscar

De Lugo a Twitter: unha tapa de lentellas co café con leite

Publicado o 09/07/2020 15:12

A historia é a seguinte: un emigrado volveu estes días a Lugo, pediu un café e non só lle puxeron tapa, senón que lle puxeron lentellas.

O cliente fixo unha foto e colgouna en Twitter. "Botaba de menos Lugo", escribiu. E o chío comezou instantaneamente a chamar a atención. Foise achegando aos 20.000 gústame. Durante dous días, por momentos, cada dez segundos alguén lle daba un gústame.

E todo por unha mestura que sorprende, ou porque sorprende, fóra de Lugo, fóra de Galicia, que che poñan semellante tapa cun simple café.

Noticias web

09/07/2020

Máis sobre Lugo