CRTVG

Buscar

Darío Campos asegura que está "tranquilo de todo", só molesto "polas formas"

Publicado o 24/06/2019 11:36
Darío Campos asegura que está "tranquilo de todo", só molesto "polas formas"

O aínda presidente en funcións da Deputación de Lugo, Darío Campos, asegurou que está "tranquilo de todo" despois de coñecer que a Comisión Federal de Listaxes do Partido Socialista designou a José Tomé como candidato á presidencia no mandato que acaba de comezar e que incluso o deixa fóra da corporación provincial.

En declaracións a EFE, Darío Campos asegurou que "non ten ningún problema" en dar ese paso atrás para centrase de novo "na alcaldía" da Pontenova, onde volveu conseguir unha contundente maioría absoluta nas últimas eleccións municipais.

"O peor foron as formas, pero polo demais estou tranquilo de todo. Non teño ningún problema", dixo Darío Campos en relación ao sucedico nas últimas semanas.