CRTVG

Buscar

Dan negativo todas as probas realizadas na residencia do barrio lucense da Milagrosa

Publicado o 04/09/2020 17:31
Dan negativo todas as probas realizadas na residencia do barrio lucense da Milagrosa

Todas as probas para detectar a covid-19 realizadas entre os usuarios e o persoal da residencia de maiores da Milagrosa deron negativo, informaron este venres fontes da Xunta.

Os maiores e o persoal do centro xeriátrico sometéronse o xoves ás probas para comprobar se o coronavirus entrara na residencia. O barrio é a zona da cidade onde as autoridades sanitarias detectaron un maior número de contaxios.