Dan negativo nas probas de covid-19 16 dos 17 tripulantes do Adviento Uno
Publicado o 27/11/2020 18:00

Boas noticias no porto de Burela. 16 dos 17 tripulantes do pincheiro Adviento Uno deron negativo nas probas de covid. Só un membro da tripulación está ingresado no hospital da Mariña por contraer a enfermidade. Os demais poderán volver ás súas casas ou ao traballo. Lembramos que os mariñeiros permanecían confinados no barco dende mediados de mes.