CRTVG

Buscar

Dan negativo en coronavirus os tripulantes do pesqueiro en corentena en Burela

Publicado o 15/04/2020 19:31


As boas novas chegaron este mércores ao porto de Burela. Toda a tripulación deste palangreiro deu negativo en coronavirus. Regresaran de augas augas francesas, onde estaban a faenar, despois de saber que un dos 16 mariñeiros dera positivo na proba que lle fixeran antes de embarcar. Nese momento o armador deu orde inmediata de regresar ao seu porto base. Aquí permaneceron confinados a bordo do palangreiro, que xa foi desinfectado, ata que lles realizaron a todos os tests e foron confirmados eses resultados negativos.

Ningún presentaba síntomas e levaban este tempo entre o barco e o peirao da mellor maneira posible. Agora, só lles falta a autorización de Sanidade para emprender rumbo cara a augas francesas para continuar co seu traballo.

Noticias web

15/04/2020