CRTVG

Buscar

Dan de alta o policía vigués ferido ao ser agredido cando evitaba un posible crime machista en Madrid

Publicado o 13/01/2020 15:24

Este policía vigués xa foi dado de alta. Afortunadamente as feridas que sufriu non afectaron órganos vitais, polo que non se teme pola súa vida. O home acudira cun compañeiro a un piso de Vallecas despois de que unha muller alertara de que o mozo da súa filla, que portaba un coitelo, estaba ameazándoa con queimala viva. A nai acompañou os axentes á vivenda e ao abrir a porta o home abalanzouse sobre eles. O agresor, que finalmente foi abatido, acoitelou o policía vigués entre o pescozo e a cara, e o seu compañeiro no tórax. Este último tamén foi dado xa de alta.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/01/2020