CRTVG

Buscar

Dan a volta ao mundo as fotos dunhas monxas galegas celebrando o Domingo de Ramos desde a fiestra

Publicado o 06/04/2020 15:22

Así celebraron este Domingo de Ramos unhas monxas en Santiago de Compostela. As imaxes están a dar a volta ao mundo, e non é para menos, xa que esta Semana Santa está a ser moi peculiar debido ao confinamento.

Trátase de relixiosas de San José de Cluny. Asomáronse ás fiestras da súa capela con plantas, seguindo a petición do arcebispo de Santiago aos fieis de colgar nos balcóns palmas ou ramos de oliveira.