CRTVG

Buscar

Dá positivo en alcol e drogas tras bater contra unha vivenda en Cambados

Publicado o 11/01/2020 13:34

A Garda Civil investiga por un delito contra a seguridade viaria un veciño de Ribadumia que chocou sobre as oito desta mañá contra o muro desta vivenda no Facho, na parroquia de Castrelos, en Cambados. O home, que resultou ileso, conducía cunha taxa de alcol de 0,67 miligramos por litro de aire aspirado, unha cifra que duplica a permitida. O condutor tamén deu positivo en drogas. Un segundo test, feito agora en laboratorio, confirmará o consumo de substancias psicoactivas.
 

Noticias web

11/01/2020