CRTVG

Buscar

Curtis despide hoxe os seus tres veciños mortos na súa vivenda este domingo

Publicado o 23/12/2019 15:13

A parella de anciáns, de 81 e 86 anos, e o seu fillo de 52, foron atopados sen vida no interior da súa vivenda, en que residían, situada en Curtis, na parroquia de Fisteus. Un corte de luz provocado polo temporal fixo supostamente que acenderan un xerador de electricidade situado no soto.

Javier Caínzos, alcalde de Curtis explica que a acumulación de gas na vivenda puido ser a causa do falecemento das tres vítimas.

Foi outro fillo que reside na Coruña o que, ao non lograr contactar con eles, se desprazou á vivenda e atopounos xa falecidos. Ao lugar desprazáronse efectivos do Grupo de emerxencias de Curtis, varios psicólogos, así como os bombeiros e a Garda Civil. Os axentes corroboraron que no interior da casa había un forte olor a monóxido de carbono. No soto atoparon o corpo sen vida do fillo. O matrimonio encontrárono tendido na cama, nun cuarto situado na planta superior.

Os corpos das tres vítimas foron trasladados ao CHUAC da Coruña para practicarlles a autopsia. O concello de Curtis decretou, dende esta mañá, tres días de loito oficial.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/12/2019