CRTVG

Buscar

Curiosa carreira de bois dunha raza centenaria nos arrozais de Indonesia

Publicado o 02/12/2018 14:22

Desprazámonos para estas imaxes ata preto de Bali. As carreiras de bois tradicionais na illa de Sumatra, en Indonesia, son cousa seria. Celébranse ao final da temporada da colleita de arroz e participan exemplares dunha raza centenaria. Os xinetes vencedores poden gañar un boi de ata un millón de dólares no torneo.

As regras son simples, aférranse aos rabos dos bois e corren un a un polos arrozais tan rápido como poden e deben manterse en pé os 250 metros de lonxitude do "circuíto". Aínda que haxa outras carreiras de búfalos ou bois nun lugar como Bali, tan coñecido por ser destino de vacacións, estas son as máis espectaculares.

Noticias web

02/12/2018