CRTVG

Buscar

Fai 6 anos da proclamación de Filipe VI

Publicado o 19/06/2020 15:28

O 19 de xuño de 2014 Filipe VI era proclamado rei. Asumiu o mandato nun momento convulso para a monarquía. Desde o inicio reivindicou un perfil diferente ao do seu pai, Xoán Carlos I e comprometeuse con España.

Desde a súa proclamación, Filipe VI lidou coa inestabilidade política con catro eleccións xerais e oito roldas de consultas.

A súa primeira etapa como xefe do Estado estivo marcada pola saída da anterior crise económica. Logo afrontou o xuízo do caso Noos e o desafío independentista en Cataluña.

Filipe VI estivo sempre arroupado pola súa familia. A súa filla, a princesa Leonor, asumiu un papel cada vez máis relevante.

O sexto aniversario chega cunha preocupación para o Rei: a decisión da Fiscalía do Supremo de investigar o seu pai no caso das comisións do AVE á Meca.

A pandemia da covid marca o presente dos españois e da monarquía. Filipe VI asumiu dende o principio un papel activo buscando apoios internacionais no peor da crise e implicándose agora en defender a marca España.

Os reis inician a próxima semana unha xira por España. 

Noticias web

19/06/2020