CRTVG

Buscar

Cultura cancela as actuacións de Plácido Domingo

Publicado o 26/02/2020 19:52

O ministerio de Cultura despide a Plácido Domingo en solidariedade coas mulleres que o denunciaron por acoso sexual. Quedan canceladas as actuacións do tenor que estaban previstas para o próximo mes de maio no Teatro da Zarzuela. Mañá reunirase a comisón executiva do Teatro Real e probablemente tomará unha decisión semellante. O titular de cultura explica que agora todo é diferente porque o propio tenor adimitu os feitos e pediu perdón.

José Manuel Rodríguez Uribes, ministro de Cultura: "Non é o momento de que participe na programación, e así o decidimos en coherencia cuns feitos recoñecidos por el. Ata o de agora a situación era diferente, había unha presunción de inocencia, pero no momento en que di que pasou o que pasou e é unha situación, digamos, con feitos gaves que afectan a numesoas mulleres, decidimos que non procedía seguir coa súa presenza, e asi llo comunicamos".

Noticias web

26/02/2020