CRTVG

Buscar

Culmina a renovación de contratos de transporte público en Galicia

Publicado o 23/01/2020 15:04

Apróbase a segunda e última fase para renovar os contratos das liñas, desta volta afectan ás de practicamente toda a provincia da Coruña, parte da de Pontevedra e as conexións do Eixo Atlantico e entre Santiago e Lugo. Os servizos manterán tarifas unificadas e bonificacións obrigatorias e como novidade, amplianse os horarios nocturnos na Coruña, Santiago e Vigo.

A Xunta culmina así a actualización do mapa de transporte público de Galica, que queda en 3.144 liñas, das que 2.134 son de uso compartido e cun orzamento de 74 millóns ao ano. O presidente descata que grazas a este plan o 97% da poboación terá unha parada a menos dun quilómetros e todos os galegos as mesmas ventaxas.

"Xa agora as persoas que non viven nas áreas metropolitanas poden ter os mesmos descontos e cunha única tarxe viaxar co mesmo sistema de pagamento e os menores de 21 anos gratis", afirma Alberto Núñez Feijóo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/01/2020