CRTVG

Buscar

Cruel eliminación dun gran Deportivo ante o poderoso Barcelona

Publicado o 27/02/2020 14:58

• As galegas caeron eliminadas da Copa no minuto 120

No último minuto da prórroga quedou eliminado o Deportivo. Foi co Barcelona, que multiplica por doce o seu presuposto.

Ester Sullastres e o traballo defensivo en todo o campo anularon ao Barcelona. O Deportivo é un equipo que ten a ilusión por bandeira e que discutiu o triunfo durante cento vinte minutos.

Caeu ás beiras da proeza despois dun gol de Hamraoui. Grande actuación de todo o equipo. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/02/2020