CRTVG

Buscar

Críticas da deputada de Podemos Gloria Elizo ao seu partido

Publicado o 25/01/2021 16:01

Críticas da deputada de Podemos Gloriza Elizo á súa propia formación. Di que son un partido en guerra permanente polo poder interno. E cre que renunciaron a ser alternativa, entrando no Goberno de xeito subalterno e sen presenza política. Algo que intentan compensar, di, xesticulando moito para captar a atención dos medios.

A representante de Podemos na Mesa do Congreso cre que agora son unha formación de cargos públicos e asalariados que non fan autocrítica nin discuten as estratexias da dirección. 

Discrepan na dirección de Podemos. Din que respectan todas as opinións, pero cren que avanzaron moito en temas de organización e participación interna dende a última asemblea.

Noticias web

25/01/2021