CRTVG

Buscar

Críticas á RAG por incluír a palabra 'weltanschauung' no seu dicionario (e non outras)

Publicado o 23/01/2020 15:06

A Real Academia Galega está sendo obxecto de bastantes críticas nas últimas horas por incluír no seu dicionario a palabra 'weltanschauung', unha palabra alemá que define como "xeito de concibir o mundo e a vida". 

En concreto, as críticas veñen sobre todo polo feito de que a RAG é reticente a incluír outros termos, que moitos consideran máis "galegos" que a 'weltanschauung'.

E, como cada vez que xorde unha polémica no Galitwitter, non faltan os comentarios con retranca...

O curioso do asunto é que no propio dicionario tamén aparece a palabra "cosmovisión", se cadra un chisco máis 'galega' e máis fácil de pronunciar que a tal 'weltanschauung'.