CRTVG

Buscar

Cristian Parra, o porteiro do Ourense ao que lle vai o risco

Publicado o 07/01/2020 16:38

Unha cousa é segura: a Cristian Parra gústalle o risco... No seu día foi 'recortador' de touros. E na actualidade, na portería do Ourense, segue xogando con lume.

E saíulle de marabilla. Primeiro deixou sen cintura a Hugo Sanmartín. E despois noqueouno cun cano extraordinario máis propio dun dianteiro que dun porteiro.

Complicado tamén polo momento no que o fixo. O seu equipo, o Ourense Club de Fútbol, ía perdendo por 1-2, ante o Compostela, co liderado da terceira en xogo. A ousadía do porteiro deixou sen palabras os espectadores e fíxose viral.

Parra saíu pola porta grande. E o seu equipo, cun empate ante o líder.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/01/2020