CRTVG

Buscar

Cribados masivos e aleatorios na Limia e en Bueu ante a extensión do virus

Publicado o 16/01/2021 21:35

Preocupación na Limia, onde foron convocados uns 4.000 veciños e veciñas para realizar un cribado aleatorio a toda a comarca. Formáronse longas ringleiras dende primeira hora da mañá ás portas do pavillón deportivo de Xinzo da Limia.

Once concellos conforman esta comarca da Limia onde hai preto de 300 casos activos. No máis grande, o de Xinzo, a incidencia acumulada é de 1.500 casos por cada 100.000 habitantes.

En Bueu o cribado durará varios días, concretamente ata o luns. Aquí faranse dous tipos de probas. As de saliva, para persoas con idades comprendidas entre os 15 e os 70 anos e tamén probas PCR para os veciños e veciñas de maior idade.

A este cribado foi chamada toda a poboación, é dicir, algo máis de 12.000 veciños e veciñas. Bueu é un dos concellos illados de xeito individual e co nivel máximo de restricións. Nas últimas semanas pasou de 80 casos activos a ter un total de 32.

Noticias web

16/01/2021